Estivemos en Silleda

A Feira Internacional Semana Verde de Galicia celebrouse do 11 ao 14 de xuño, no recinto feiral de Silleda, sendo visitada por 55.000 persoas. Alí estivemos con dous lotes de Galiña de Mos e no stand do resto das razas autóctonas englobadas na Federación de razas autóctonas de Galicia-Boaga.

II MOSTRA DE GANDO DO PAIS. Bretoña, A Pastoriza, Lugo.

En Bretoña, no concello da Pastoriza, provincia de Lugo, celebrouse o pasado 7 de xuño a II Mostra de Gando do País na que se ubicou unha carpa na que houbo unha vistosa e moi concurrida exposición das razas autóctonas galegas estando presente a Galiña de Mos.

Entradas para Silleda

Este ano a Feira Internacional Semana Verde de Galicia celébrase do 11 ao 14 de xuño.
Temos entradas para todos os interesados polo que aqueles que as queiran que chamen á asociación para solicitalas.
Máis información sobre a feira aquí.

VILADECRUCES APOSTA POLA GALIÑA DE MOS

O prestixioso galo de curral de Viladecruces é un galo criado ata cerca dun ano de idade que é comercializado posteriormente tras ser sometido a unhas condicións de crianza totalmente naturais. Ten unha historia de dúas décadas de antigüidade e nestas datas celébrase a festa do galo de curral desta localidade da comarca do Deza. Nos últimos anos este produto elaborábase a partir da crianza de galos de estirpes rubias, de procedencia estranxeira, que son a gran maioría das existentes na nosa terra pero debido a que os promotores desta iniciativa desexan a maior calidade para a súa produción, actualmente o Galo de Curral de Viladecruces, do que se comercializan durante todo o ano centos de unidades, estase a producir a partir da Galiña de Mos, combinando a xenética de alta calidade cun método de produción natural e artesanal, obtendo desta maneira a máxima calidade.
O 31 de maio celebrouse a XVI edición da Festa do Galo de Curral, organizando Avimós e a asociación de produtores do galo de curral de viladecruces unha fermosa exposición de Galiña de Mos. Tamén houbo degustación e venda de exemplares recibíndose nesta xornada festiva máis de 10.000 visitantes.







A Galiña de Mos no mercado estacional de Riotorto.

Xa esta consolidado o mercado estacional das Rodrigas no concello de Riotorto, provincia de Lugo, onde en cada estación acude o criador de Galiña de Mos Luis Fernández cunha exposicion e venta de exemplares da raza. Os mercados celebráronse os días 1 de marzo e 24 de maio.

Xornadas gastronómicas Galo Mos

Un ano máis a asociación de empresarios de Val do Dubra, organiza o 4 e 5 de abril con motivo da Expofeira ecolóxica, as Xornadas Gastronómicas do Galo Mos e da Tenreira Cachena, dúas das carnes de maior prestixio que existen.

Animamos a todos a acercarse a Bembibre a disfrutar da calidade.

Bembibre está no concello de Val do Dubra, na provincia da Coruña, cerca de Santiago e Compostela.


Imparable incremento no número de visitas da páxina de avimós.

Nos últimos meses estanse a disparar o número de visitas á páxina da Galiña de Mos en www.avimos.org mostra do crecente interés que se está a ter pola raza. Nestes meses estánse a alcanzar as 3.500 visitas mensuais (que son moitas) tendo unha media de máis de 110 visitas diarias.
A continuación podemos ver un gráfico que nos ofrece o noso servidor sobre as estadísticas web desde o mes de maio do pasado ano.
Podedes comprobar que doblamos o número de visitas en comparación aos meses de finais do 2006 e 2007 como xa analizamos aquí

Notas informativas sobre a Galiña de Mos

A raíz da feira de Mos a Televisión de Galicia fixo unha serie de reportaxes sobre a raza que saíron en varios programas. Si pinchades no botón do play podedes ver os vídeos.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Notas informativas sobre a Galiña de Mos

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Feira en Mos

Os pasados días 20 e 21 de decembro celebrouse no alto de Puxeiros, no concello de Mos, Pontevedra a 1ª Exposición e Concurso da Galiña de Mos no concello de Mos. Tamén houbo un mercado de galos vivos.
A experiencia foi moi satisfactoria habendo un alto nivel entre os máis de 130 exemplares presentados pertencentes a 23 criadores de toda Galicia.

Os premiados foron na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Alvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galo propiedade de Edmundo Novoa, de Lugo.
3º premio - galo propiedade de Ramón Monasterio, de Vilalba, Lugo.

Na categoría de galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.
2º premio-galiña propiedade de Álvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
3º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.

A feira estivo visitada por numeroso público. O domingo 21, vendéronse numerosos animais, sumando más de 50 galos e outras tantas galiñas.

A televisión galega fixo unha ampla cobertura da feira.

Estivemos na Feira Internacional Semana Verde de Galicia.

Este ano a Feira Internacional Semana Verde De Silleda celebrouse do 19 ao 23 de novembro. No pabellón de gandería instaláronse os paneis informativos da Galiña de Mos xunto aos das nosas razas autóctonas e do Pazo de Fontefiz, estando acompañados nesta edición tamén por información do Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG).
En representación da Galiña de Mos leváronse dous lotes de exemplares do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galcia.
A feira foi moi visitada e repartíuse no noso stand abundante material publicitario.

Un criador de Galiña de Mos obtén o segundo premio da prestixiosa exposición avícola de Castropol.

Un galo do criador Luis Fernández, de Riotorto, Lugo, gañou o segundo premio de razas españolas dunha das exposicións avícolas máis importantes do panorama español, a Exposición de Avicultura de Castropol, que se celebrou entre o 7 e o 9 de novembro.

Avimós participou no desfile de gando do San Froilán de Lugo.

O venres 3 de outubro, desenvolveuse polas rúas céntricas de Lugo un fermoso desfile de gando que inauguraba a mostra gandeira celebrada con motivo das festas do San Froilán. As rúas que bordean a muralla romana e zonas peonís enchéronse de carros tirados por gando, podendo os transeuntes ollar ás razas gandeiras coma en tempos pasados. Avimós participou con dous lotes de exemplares que ían enriba de sendos carros tirados por vacas e burros.

Gran éxito da Monográfica

Con motivo da celebración da feira Expolugo, celebrouse os pasados días 3,4,5 e 6 de outubro o II Concurso-Exposición monográfico da Galiña de Mos, no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo que tivo un gran nivel de participación, sendo visitado por case 20.000 persoas.

O Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural atenderon ás explicación do Presidente de Avimós.

Os vencedores foron na categoría de Galos:

1º premio-galo propiedade de Ramón. F. Sueiro, de Laracha, A Coruña

2º premio-galo propiedade de Alvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.

3º premio - galo propiedade de Ramón Monasterio, de Vilalba, Lugo.

Na categoría de galiñas:

1º premio-galiña propiedade de Juan Pernas, de Xermade, Lugo.

2º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.

3º premio-galiña porpiedade de Carlos Durán, de Ferrol, Lugo.

O Conselleiro de Medio Rural e o Delegado en Lugo charlaron con varios dos criadores.

Exposición en Xixón

Os días 26, 27 e 28 de setembro de 2008 celebrouse no recinto da Feira de Mostras de Xixón o I Concurso-Exposición Internacional de Avicultura de razas Autóctonas de España, Francia e Portugal no que participaron os exemplares da Galiña de Mos.
Un lote do criador Carlos Durán, de Ferrol, alzouse co segundo premio da exposición. Noraboa aos nosos participantes.