Gran éxito da 34ª Semana Verde de Galicia.

Rematou a 34ª edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, na que as nosas razas autóctonas tiveron un papel predominante. O éxito foi espectacular superándose os 100.000 visitantes. Especialmente no fin de semana regueiros de persoas visitaron a feira, que foi un escaparate moi importante para a promoción da nosa raza. O mercado de polos da raza case esgota as súas unidades, sorprendendo a presentación dos produtos cárnicos da raza Mos.
No concurso da raza que se fixo, formando o xurado D. Castor J. Rivero, Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, da Xunta de Galicia, D. Julio Feijoó, Xefe de Área do Centro de Recursos Zooxenéticos e D. Julio Pérez, da Fundación Semana Verde de Galicia, resultaron vencedores o Galo de José Rodríguez González de Lalín, Pontevedra e unha galiña de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo. O Segundo premio en galos foi para Álvaro Rodríguez Rodríguez de Mos, Pontevedra e unha galiña de José R. García de Carral, A Coruña. O terceiro premio en galos foi para Diego Estévez Nieto de Vilar de Barrio, Ourense e para unha galiña de Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.

Pódense ver máis fotos na web de semana verde e no noso facebook.