V Concurso Monográfico da Galiña de Mos

Do 7 ao 9 de outubro celebrouse en Lugo e con motivo da feira Expolugo o V Concurso Monográfico da Galiña de Mos. Foi visitada por 15.200 persoas e un ano máis aportou unha importante divulgación e promoción da nosa raza. Destacou a gran calidade das aves presentadas, síntoma de que a xenética da raza consolídase cada vez máis.
  

Os ganadores foron: No caso dos galos, obtivo o primeiro premio, Ramón Francisco Sueiro Varela, de A Laracha (A Coruña); o segundo, Mariña Grille Negreira de Val do Dubra (A Coruña) e o terceiro foi para Filomena Varela Ferro, de Outeiro de Rei (Lugo).
En galiñas, os premios foron o primeiro para María López Rodríguez, de Lugo; o segundo para José Manuel Rama García, de Carral (A Coruña) e o terceiro para Sara González Balsa, de Xermade (Lugo).