O Marm destaca a importancia da aplicación comercial das razas de galiñas autóctonas.

Nunha xornada celebrada en Madrid o pasado día 11 de novembro o Ministerio destacou a importancia do aproveitamento dos recursos naturais para o desenvolvemento rural sostible e para a actividade agraria.
A xornada desenvoloveuse no marco de varias reunións temáticas con diversos sectores, para concretar actuacións relacionadas con sistemas agro-ecolóxicos e sostibles alternativos á produción industrial.
En concreto a reunión centrouse na implementación dun sistema de produción mixto agrícola e avícola sostible ambientalmente, á obtención de produtos agroalimentarios seguros, saudables e de calidade, con certificación ecolóxica, e á aplicación comercial de razas de galiñas rústicas (as autóctonas).

Fonte: MARM