Normativa de avicultura artesanal

Como sabedes fai uns días a Xunta de Galicia publicou un decreto polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais.
Desde a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMOS esta era unha reivindicación histórica cara as administracións, xa que actualmente a legalización das pequenas granxas de produtores era case inviable, imposibilitando a comercialización das producións, debido a que en España a única normativa existente era referida á avicultura industrial, que impón uns requisitos imposibles de cumprir polos pequenos produtores. Nos próximos días convocaremos unhas reunións informativas.
O programa Labranza da TVG, fixo un especial sobre a normativa na que se fala sobre a Galiña de Mos.