Galo Mos ao forno

Un criador da raza, da Granxa Soutodeherville, fainos chegar esta suculenta imaxe dun galo Mos asado, feito na súa casa o domingo 11 de decembro, acompañado de leitugas e pementos recollidos na súa horta. A presentación invita a probar este tipo de preparación. Os produtos obtidos a partir da Galiña de Mos saen suculentos asándoos enteiros ao forno, tendo especial coidado para que non se sequen moito.