Polo con alcachofas e arroz.

Fai uns días o programa Larpeiros da TVG visitou unha granxa de Galiña de Mos.


 
Fixeron un polo con alcachofas e arroz, do que vos deixamos a receta:
INGREDIENTES (para 5 persoas):

Polo e medio (zanco e sobrezanco separados, peitugas enteiras)
6 alcachofas
500 grs arroz bomba
1 cebola (grande)
2 cenouras
Unha presada de feixóns verdes
Unha cunca de chícharos,
300 grs de champiñóns
Tomate triturado
Azafrán
Aceite e sal
Machucado de allo, perexil e sal
Caldo de polo (feito coas carcasas do polo)

Empezamos por cortar a peituga en dados, e logo adubamos o polo co machucado de allo, perexil e sal.
Despois se limpan as alcachofas (cortámoslles un centímetro e medio da punta, sacámoslles as follas exteriores mais duras, recortamos o tal e as cortamos en 4 partes). Poñémolas nun bol con auga fría e un chorro de limón para que non negreen, e as reservamos.
Poñemos aceite a quentar e mentres picamos a cebola, incorporamos o polo para douralo. Mentres picamos a cenoura.
Co polo dourado, incorporamos a cebola e a cenoria. Mentres van pochando cortamos os feixóns verdes en bastonciños e os champiñóns en catro partes.
Cando a cebola e a cenoria estean douradas, incorporamos os feixóns, os champiñóns e as alcachofas. Hai que deixar que refoguen un pouco (1 min ou 2) antes de engadir o tomate.
Engadimos o tomate triturado e damos unha voltas a todo, logo botamos o arroz. Incorporar tamén o azafrán e o caldo (nunha proporción aproximada de 3 medidas de caldo por cada medida de arroz).Poñer sal e deixar que se faga o arroz.