Xornadas Informativas sobre a avicultura artesá na raza Galiña de Mos. Aplicación da nova normativa.

Recentemente a administración galega publicou unha norma sobre as producións avícolas artesanais. Esta era unha normativa amplamente demandada pola nosa organización, xa que as lexislacións que existían ata o momento, imposibilitaban a comercialización dunha maneira “legal” das producións das granxas de galiñas cun sistema que se aparta do  industrial.
Este marco normativo que permite legalizar as granxas, afectará soamente a aqueles que comercialicen os produtos (ovos, carne ou polos vivos). En ningún caso afecta a quen ten as galiñas para autoconsumo. Desta maneira abrese a posibilidade dunha comercialización regulada debendo de cumprir unha serie de requisitos, especialmente sanitarios. Para explicar a todos os interesados esta nova iniciativa convocamos unha serie de reunións nas catro provincias, podendo asistir cada un á que mellor lle conveña.

“A avicultura artesá na raza Galiña de Mos. Aplicación da nova normativa”

DATA
HORA
LUGAR
29 de febrero (mércores)
16.00 horas
Pazo de Fontefiz, Concello de Coles, Ourense. (Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia).
1 de marzo (xoves)
16.00 horas
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. (Recinto Feiral O Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).
2 de marzo (venres)
16.00 horas
Casa da Cultura, Rúa Arcai 28, Bembibre, concello de Val do Dubra, provincia A Coruña.
10 de marzo (sábado)
15.30 horas
Sala Mirador do Pavillón nº 2, Recinto da Feira Internacional de Galicia, Silleda, Pontevedra.

II Concurso-Esposición da raza Galiña de Mos GandAgro 2012

Do 8 ao 10 de marzo deste ano vaise celebrar o II SALÓN MONOGRÁFICO GANDEIRO E AGRÍCOLA – GANDAGRO 2012, no recinto Feiral de Silleda, un evento que se celebra cada dous anos. Nesta mostra farase o II CONCURSO – EXPOSICIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS – GANDAGRO 2012.
As aves estarán instaladas no pavillón 2 da feira. Animamos a todo o mundo a que pase a visitar este concurso, no que esperamos un alto nivel de participación dos exemplares.
Temos INVITACIÓNS PROFESIONAIS, todos os que as desexen que nolas soliciten e llas enviaremos.

Más de 9 millones de italianos compran directamente del productor

En el diario el confidencial aparece una noticia sobre la escasa penetración que tienen las marcas blancas en el país transalpino. Esto es debido a que crecen alternativas a nivel local de distribución directamente del agricultor"
"Más de 9 millones de italianos compran directamente del productor, ya sea a través de mercados de agricultores en las poblaciones o bien a través de listas de distribución a través de Internet"...
Eso es tener conciencia por sus productos y productores.
http://www.elconfidencial.com/opinion/todos-los-caminos-llevan-a-roma/2012/02/26/mercadona-en-italia-no-es-un-pais-para-marcas-blancas-8784/

A UE destaca a importancia de incidir nunha gandería sustentable

O director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o galego José Manuel Silva, alertou sobre a nova reforma da PAC, que entrará en 2014, que a gandería, especialmente a galega, debe tender cara a un desenvolvemento sustentable, cun axeitado aproveitamento das terras, xa que o gando galego ten "un problema de seguridade alimentaria terrible". Ademáis di que se está a observar que en determinadas producións sucede que "canto máis produce máis perde".
Parece que en Galicia temos un importante problema de abastecemento de alimentos para o noso gando e debido a que cada vez son máis caros e como os temos que importar, a excesiva industrialización das producións, está a producir un afogamento de moitas granxas con altas producións... pero tamén cuns altísimos custes.
De aí que temos que incidir en tentar de buscar cada vez máis, autoabastecer aos nosos animais con alimentos da nosa propia explotación para abaratar os custes de produción. Este é o fundamento principal da produción de avicultura artesá que se está a facer desde a Galiña de Mos.
Unha fórmula moi sinxela a ter sempre presente: Ingresos-gastos =beneficio

A familia de Amancio Ortega e a súa filla Marta teñen Galiña de Mos

Chéganos unha información dos xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña na que fala dun Pazo que posúen os tíos de Marta Ortega no concello de Toques, que é moi frecuentado polos Ortega. Nel vai vivir Carlos Mato, o Director Xeral de Zara España. como teñen galiñas autóctonas.... teñen a Galiña de Mos.
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/02/16/refugio-secreto-ortega/624200.html
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2012/02/16/refugio-ortega-toques/580992.html

Estivemos no Xantar 2012

Na feira Xantar 2012 celebrada en Ourense do 1 ao 5 de febreiro, estivemos no stand da Federación de Razas Autóctonas de Galicia - BOAGA.
O venres día 3 o cociñeiro Flavio Morganti fixo unha demostración de cociña moi concurrida. Elaborou diversos pratos coas razas autóctonas galegas de vacas, coa Ovella Galega e coa Galiña de Mos. Entre outros fixo unhas excelentes hamburguesas de galo Mos, o galo ao viño Mencía e unha sopa de Galiña de Mos con uva Treixadura, todo riquísimo.