A Galiña de Mos estará en Pedrafita do Cebreiro e en Triacastela

O venres 3 de abril celebrarase a XXIX Feira do Queixo do Cebreiro, e un ano máis o Criador Roberto Raposo Díaz, estará presente cunha carpa onde exporá varios exemplares da raza.
Tamén o sábado 4, na Feira de Artesanía e Produtos da Zona, haberá participación de criadores da raza, neste caso con Jorgue Anguez de Triacastela e Roberto Raposo, de Pedrafita do Cebreiro.

A Galiña de Mos estivo en Magreco

A feira de maquinaria agrícola, artesanía e produtos ecolóxicos, MAGRECO 2015, celebrada en Boimorto os días 28 e 29 de marzo, contou con exemplares de Galiña de Mos. Tanto nun posto da asociación, no que se repartíu información sobre a raza e cunha mostra de exemplares da granxa Castelo de Alcobre. Foi unha feira moi animada e concurrida.


Todos os grupos políticos están a favor de autorizar o sacrificio na explotación de aves.

O día 25 de marzo todos os grupos do Congreso dos Deputados aprobaron pedirlle ao governo a retirada da norma que prohibe a comercialización de aves sacrificadas na propia explotación.
Como xa informamos noutras ocasións, España é o único país de toda europa que prohibe esta comercialización, sendo un grave perxuízo para os pequenos produtores.
Sorprendentemente a propia Unión Europea está a potenciar a comercialización dos pequenos produtores, pero en España chocamos coas trabas existentes. (Insistimos en que é o único país europeo no que sucede esta prohibición cando a propia normativa europea o autoriza).
Agora que todos os partidos políticos están de acordo, despois de que organizacións coma a nosa, leve anos propoñendo medidas para mellorar a comercialización, esperemos que os diferentes governos actúen en consecuencia, permitindo que os pequenos produtores avícolas podamos competir en igualdade de condicións que os nosos veciños europeos.

Este fin de semana estaremos en Boimorto.

A Feira da maquinaria e gandería MAGRECO, que se celebra en Boimorto este fin de semana, contará coa Galiña de Mos. Alí estaremos cun posto de Avimós, onde repartiremos información sobre a raza e sobre os criadores con exemplares dispoñibles. Tamén asisitirán os criadores da granxa Castelo de Alcobre, de Vila de Cruces, con varios exemplares.


A Galiña de Mos estivo no Fórum Gastronómico da Coruña

Do 15 ao 17 de marzo celebrouse na Coruña o Fórum Gastronómico, o congreso de gastronomía que se celebra alternamente entre Galicia e Cataluña. Neste certame houbo participación de produtos de Galiña de Mos, xa que a cooperativa Vicogalo presentou un posto no stand das cooperativas galegas, promocionándose tamén varios dos produtos na degustación que fixeron os produtores das cooperativas. Esta degustación estivo impartida polo afamado cociñeiro Flavio Morgantti.

Tamén na elección do cociñeiro do ano de Galicia 2015, foi finalista a cociñeira María Varela, da casa A Parada das Bestas en Palas de Rei, que preparou unha peituga de galo de curral da raza Mos.

 E tamén o restaurante Bocanegra, da cidade da Coruña, ofertou durante os días que durou o congreso, empanada de pularda da nosa raza, tendo un gran éxito.

A Galiña de Mos está presente en FIGAN

A Feira Internacional de Producción Animal - FIGAN, que estase a celebrar estes días en Zaragoza, conta coa presenza de exemplares da nosa raza.
Grazas á exposición avícola organizada pola Federación Española de Avicultura e Cunicultura (FESACOCUR) presentáronse exemplares de varias das razas españolas, estándose a repartir abundante información específica sobre as características da nosa raza.

Na Brasería Carballeira fan un sorteo moi especial

A Brasería Carballeira en Castro de Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, organiza o sábado 21 de marzo un sorteo moi especial:
Unha cesta de ovos de Galiña de Mos, unha pularda e un galo da nosa raza. Os produtos proceden da granxa Chousa do Lea, da mesma localidade. 
Unha iniciativa orixinal.

Un grupo de blogueiros xantaron Galo Mos

Un grupo de blogueiros gastronómicos reuníronse o día 8 de marzo na adega de albariño Casal de Flores, en Simes, Meaño, para degustar uns galos da nosa raza, proporcionados pola granxa Mercamos, de Marcial e Luis, no concello de Barro, Pontevedra.
Máis información no blog en xoanarcodavella
(Fotos do mesmo blog)

A Galiña de Mos participou en Xantar

O 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, celebrado en Ourense entre o 4 e o 8 de marzo, contou coa presenza da Galiña de Mos. Nun stand da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, atendimos a todos os interesados nos produtos da Galiña de Mos.
Tamén o venres, fíxose un showcooking impartido polo cociñeiro Carlos Parra, onde se falou amplamente dos produtos da Galiña de Mos, empregándose galo e ovos principalmente para a súa elaboración. Foron uns días de intensos contactos.

A Galiña de Mos estará en Xantar 2015

A Galiña de Mos participará na 16ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 4 ao 8 de febreiro de 2015 no recinto Feiral Expourense, (Finca Sevilla s/n -32005-Ourense) estando representada en diversas actividades. A Federación de razas autóctonas de Galicia-Boaga contará cun stand onde ofreceremos información sobre a raza e os seus produtos.
Tamén o venres día 6, ás 18:00h, na Aula Cuevas, haberá un Obradoiro Gastronómico, “Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción” e maridaxe con viño da Ribeira Sacra Ponte da Boga. O Obradoiro será impartido polo Chef Carlos Parra (do restaurante Hotel Castillo de Maceda), organiza Boaga e colabora a Adega Ponte da Boga.
Nesta demostración haberá degustación de ovos e de Galiña de Mos. Máis información