A cooperativa Crugalo organiza unhas Xornadas Gastronómicas en Pontevedra

A cooperativa de Vila de Cruces Crugalo, organiza durante estes días no restaurante La Casa de las 5 Puertas, unhas xornadas gastronómicas do Galo de Curral de Vila de Cruces da raza Galiña de Mos. Durante todo o mes de xullo e nos fins de semana poderase degustar un menú por 25 euros de:
-Montadito de Galo de Curral de Vila de Cruces da raza Mos con manzana.
-Rollito de ala de gallo con cebolla caramelizada.
-Galo de Curral de Vila de Cruces da raza Mos asado con pimientos y patatas.
-Postre, café y vino.

A Galiña de Mos destacou na Semana Verde

Fai uns días rematou a feira Semana Verde 2015.
Celebrada no Recinto Feiral de Silleda, a Galiña de Mos destacou importantemente polo número de animales presentados e polas moitas actividades que se fixeron arredor da nosa raza.

Entre as moitas actividades que se fixeron destacou:

O Restaurante Colón sirve Galo de Mos durante o Arde Lucus.

O Restaurante Colón, en Nadela, Lugo, preparará do 18 ao 20 de xuño, un menú especial con motivo da festa romana e celta que se celebrará no próximo fin de semana en Lugo.
Como plato principal figura o Gallo de Mos en salsa de Ortiga. 
Os galos son proporcionados pola granxa Eido de
Cabaleiros, de Láncara.

Importante presenza de produtores da nosa raza en Salimat

No salón da alimentación do atlántico Salimat, que se celebra do 11 ao 14 de xuño, no pavillón número 1 do recinto da Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2015, sete produtores da raza Galiña de Mos exporán os seus produtos, existindo venda directa no espazo organizado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, denominado "De Nós para Vós".

Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas na Semana Verde

Este ano as xornadas técnicas que se celebrarán con motivo da Feira Internacional de Galicia Semana Verde 2015, serán moi importantes e interesantes estando centradas no ovo principalmente, xa que se falará das normativas existentes para a comercialización dos ovos, as guías para a creación de centros de embalaxe de ovos de Galiña de Mos e formación para os manipuladores. 
Tamén se darán resultados dos estudos de investigación feitos sobre o ovo da nosa raza fronte ás poñedoras industriais. Por outra banda farase a presentación e explicación de funcionamento da nova marca recentemente aprobada polas administracións 100% Raza Autóctona Galiña de Mos.
As Xornadas celebraranse no stand de Boaga, no pavillón de gandería.

Novidoso concurso "A Galiña de Mos e os seus poliños"

Na Feira Semana Verde que comeza o xoves 11 de xuño en Silleda, poderase ver un novo concurso organizado por Avimós. Denominado "A Galiña de Mos e os seus poliños" estará formado por dez galiñas participantes que por incubación natural sacaron entre dez e dezasete poliños nos últimos días. Procedentes doutros tantos criadores, cada galiña estará cos seus fillos durante todos os días da feira, podendo o público votar pola elección do mellor lote de galiña e poliños, valorando ademais da beleza dos exemplares, o coidado dos galiñeiros onde estarán.
As votacións faranse durante os tres primeiros días da feira sendo o domingo, o día que estarán expostos os datos dos criadores vencedores e o resto dos participantes.
Haberá un sorteo entre o público participante dun lote de produtos e agasallos da raza, que lle será enviado ao domicilio do gañador ao remate da feira.

A Galiña de Mos é primeira raza de galiñas de España en ser recoñecida para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona.

A Galiña de Mos é a primeira raza de galiñas de España en recibir a autorización por parte das administracións, para o emprego do logotipo oficial 100% Raza Autóctona. 
O logotipo 100% Raza Autóctona, posto en marcha polo Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente, nace co obxectivo de ofrecerlles aos consumidores a identificación dos produtos das nosas razas autóctonas, dándolle a máxima información ao consumidor.  
O logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos, funcionará coma unha marca de calidade á que se poderan acoller unha serie de operadores entre os que están ademáis dos produtores, os locais onde se venden os produtos da raza e os restaurantes onde se poden consumir.
Na Semana Verde presentarase este selo, habendo información para todos os interesados ademáis de degustacións de produtos.
Nota de prensa: Faro de Vigo,  La Voz de Galicia


Os nenos do CEIP A Maia de Bertamiráns, disfrutaron co nacemento de poliños de Galiña de Mos.

Os estudantes do CEIP A Maia, en Bertamiráns, poderon ver o nacemento de varios poliños de Galiña de Mos e doutras razas. 
Nunha das aulas Avimós cedeu unha incubadora de 20 ovos coa que se procedeu a incubar varios ovos, que foron incubados no mes de maio. O nacemento dos polos foi transmitido a todas as aulas e máis de 600 alumnos do centro poderon ver o nacemento e o crecemento dos polos nos seguintes días.
Sen dúbida unha gran iniciativa para que os nenos, se familiaricen coa vida natural e coa crianza dos poliños. 
Noraboa ao centro e a todos os que participaron nesta experiencia didáctica.

 Fotos do blog: http://infantilamaia9.blogspot.com.es/

22 criadores participarán no monográfico da raza e no concurso por lotes.

22 criadores das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra participarán no VIII Concurso Monográfico da Raza Galiña de Mos e na 4ª Exposición e Concurso por lotes Semana Verde 2015.
A partir do xoves 11 de xuño e ata o domingo 14 na Feira Internacional de Galicia Semana Verde celebraranse os concursos da raza. As valoracións serán feitas o xoves pola mañá por xuíces oficiais da raza Galiña de Mos.
Esperámosvos a todos.

Achégase a Semana Verde 2015

Do 11 ao 14 de xuño celebrarase no recinto feiral de Silleda, unha nova edición da feira Semana Verde de Galicia.

Moitas serán as actividades que se farán coa Galiña de Mos e o resto das razas autóctonas de Galicia. Nos próximos días vos iremos informando.

Este domingo celebrouse outra edición da Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces.

En Vila de Cruces celebrouse unha nova edición da Festa do Galo de Curral. Celebrouse unha exposición de aves vivas de varias razas, predominando os exemplares de Galiña de Mos. 
Ofreceuse unha degustación de galo que estivo moi concurrida.
O pregón da festa deuno o afamado cociñeiro Iván Domínguez, cunha estrela michelín, coñecedor dos produtos da nosa raza.